O noso obxectivo

Boas seguidores do noso pequeno grande proxecto!!!SoleteRayos

Hoxe queremos contarvos a quen vai adicado todo o que estamos a realizar e que desexamos conseguir ao rematar o desenvolvemento de A Costa Galega.

Barcos_pesqueiros_galegos

Os destinatarios do noso proxecto son os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil do C.E.I.P. Eloísa Rivadulla de Chantada. Os nenos e nenas deste concello do Sur de Lugo viven relacionados co interior e coñecen moi ben o rural e as actividades que alí se realizan como a agricultura, a gandaría e a viticultura, pero apenas se relacionan coa contorna costeira galega e por iso queremos achegalos a ela.

Tendo en conta este contexto e despois de analizar a fondo o Currículo Oficial de Educación Infantil de Galicia, definimos os seguintes obxetivos xerais para o noso proxecto:

  • Relacionar o novo co que xa saben, desenvolvendo unha aprendizaxe simbólica.
  • Comprender as instrucións, o uso e os propósitos das actividades.
  • Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no seu contorno.
  • Adquirir autonomía á hora da realización das actividades.
  • Ser conscientes de que a pesca é un dos sectores principais da economía galega.
  • Mellorar o uso dunha das linguas oficiais da comunidade autónoma (o galego) e aprender vocabulario descoñecido ata o de agora.
  • Manexar correcta e de xeito autónomo as ferramentas TIC que se lles facilitan.
  • Utilizar ferramentas dixitais ás que non están acostumados como cámaras fotográficas ou medidores de decibelímetros.

Tamén queremos resaltar que en cada actividade temos uns obxectivos específicos que cremos que se cumprirán ao realizalas. Pero… non teñades presa, iso contarémosvolo PROXIMAMENTE!

goldfish-30837_960_720

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta