Que contidos curriculares pretendemos traballar?

Dende o primeiro momento sabiamos máis ou menos cales serían os contidos que tratariamos no noso proxecto A Costa Galega, máis faltábanos por ver a relación que as nosas ideas tiñan co que o Currículo de Educación Infantil de Galicia expoñía.

marketingdirecto-1

Así pois, dispuxémonos a buscar ao menos un contido por cada bloque das tres áreas curriculares.

Primeiro, na área “Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal”, puidemos ver que se dividía nos seguintes bloques:

  1. O corpo e a propia imaxe
  2. Xogo e movemento
  3. A actividade cotiá
  4. O coidado persoal e a saúde

Así pois, comprobamos que poderíamos, de xeito xeral ou de xeito específico con algunha das actividades, tratar os contidos que estaban referidos neste área.

Logo, analizamos a área de “Coñecemento do contorno”, dividida nos seguintes bloques:

  1. Medio físico: elementos, relacións e medida
  2. Achegamento á natureza
  3. Cultura e vida en sociedade

Tras a súa análise, puidemos descubrir que ó igual que na anterior área, podiamos traballar contidos pertencentes a cada bloque.

Por último, a área “Linguaxes: comunicación e representación”, dividida en tres bloques:

  1. Linguaxe verbal
  2. Linguaxes artísticas: plástica, música e corporal
  3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación

Quizás foi a área na que máis contidos relacionados co noso proxecto puidemos atopar, posto que un dos nosos obxectivos principais é, como dixemos, o manexo das TIC.

Unha vez demos por rematada a análise do currículo e tras a realización das actividades, puidemos concluír con estes dez contidos xerais:

  • Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos.
  • Comprender, reproducir, reescribir -tendo en conta as diferentes etapas individuais no proceso de adquisición da lingua escrita-, e recrear textos.
  • Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC -ordenadores, a internet, encerado dixital interactivo, escáner, vídeo …- como ferramentas de busca de información, creación, expresión e comunicación.
  • Adquisición de confianza nas capacidades propias.
  • Participación nos xogos e na actividade motriz, identificando as súas capacidades e confiando nas propias posibilidades de acción, amosando actitudes de iniciativa e constancia.
  • Gozo co xogo como medio para coñecer a realidade, mantendo unha actitude de axuda e cooperación con iguais e con persoas adultas.
  • Aceptación do xogo como medio de gozo e de relación cos demais.
  • Planificación secuenciada da acción para resolver tarefas.
  • Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado, aumentando a precisión na busca dunha maior estruturación das súas frases.
  • Iniciación no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.

Ademais, cabe dicir que cada unha das actividades ten uns contidos específicos que se achegan máis ós requirimentos de cada unha delas.

Unha vez máis, gracias pola vosa visita! Agardamos vos gustase este nova entrada e desexamos que volvades logo para seguir vendo os avances do noso proxecto!

images

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta