Comunicámonos?

A_cursiva

C_cursivaO_cursivaS_cursivaT_cursivaA_cursiva

Outro importante ámbito ao que chega o noso proxecto é o da comunicación lingüística. Cremos que os nosos alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil deben iniciarse na lectoescritura, coñecer e adquirir novo vocabulario e perfeccionar a linguaxe oral para comunicarse cos demais e comprender moitas cousas da vida para o día de mañá.

capture-20170503-143128

Con Ardora puidemos elaborar unha sopa de letras na cal debían buscar os nomes dalgunhas das illas galegas que lles amosamos en actividades anteriores. Non nos resultou nada doado escoller os nomes das illas xa que a maior parte deles eran moi longos e tampouco decidir cantas columnas e filas poñer para que o alumnado puidera resolver a actividade sen dificultades. Pero escollemos Ons, Cíes, San Simón, Arousa e Sálvora e concluímos en poñer oito columnas e cinco filas.

capture-20170508-215451

Cun maior nivel de dificultade, realizamos un aforcado dos nomes dalgúns dos faros galegos en Ardora, que non consiste en adiviñar as palabras se non en ordenar as letras delas. Tivémolo difícil á hora de seleccionar os nomes dos faros máis curtos e doados para os cativos. Tamén para encontrar unhas imaxes onde se distinguiran claramente uns dos outros e se pareceran ás que incluímos no conto. Despois dunha rigorosa busca conseguimos o noso obxectivo.

capture-20170503-143329

Un pasiño máis arriba na lectoescritura, decidimos retar ao alumnado a ler palabras básicas no vocabulario costeiro e a identificalas con imaxes moi familiares. Desta vez, escollemos a praia para que non lles resultara moi complexo, pois é un tema que xa coñecían de antes. Ao comezo, queriamos crear só un álbum con Ardora no que viran o que poden atopar nunha praia pero non sabiamos que esta actividade requiría emparellar o texto coas imaxes así que convirtímola nun desafío para os nenos e nenas, que neste caso xa se atopan iniciados na lectura de palabras.

capture-20170508-215513

Por último, decidimos sumerxelos na clasificación de tipos de animais mariños coa actividade relacionar frases-imaxes de Ardora propoñéndolles algúns moi doados. Para isto, levounos moito tempo seleccionar os máis básicos e as imaxes onde se recoñeceran de forma clara. Pensamos que era unha actividade algo complexa para eles por iso forma parte das derradeiras do proxecto.

QUEREDES MÁIS AVANCES E NOVIDADES?

POIS TEREDES QUE AGARDAR!

crab-42880_960_720

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta