Divertímonos coas matemáticas?

As competencias clave en Educación Infantil parécennos fundamentais a tratar no noso proxecto e unha das que máis destaca nel é a matemática.

Coas actividades deseñadas, intentamos propoñerlles problemas cotiás que eles mesmos terán que resolver mellorando así a súa autonomía como pagar a compra de sardiñas nun mercado, contar os obxectos dun barco ou ordenar os pasos da pesca da sardiña.

capture-20170508-215034capture-20170508-215047

Coa actividade contar diñeiro de Ardora, trasladamos aos cativos a un mercado para que se familiarizaran coas contías e coñeceran de preto o paso que deben dar no futuro cando sexan independentes e teñan que ir a mercar eles sós.

Coin_rotation_paradox_animation

Tivemos algún que outro problema, pois non atopabamos unha imaxe dun mercado que encaixara ao que nos queriamos. Pretendiamos pórlles unha cantidade doada para que puidesen manexar as moedas máis básicas e non tiveran demasiadas dificultades pero o único que había na rede eran imaxes con cantidades moi grandes. Finalmente, despois dunha longa busca atopamos esta imaxe dun quilo sardiñas (peixe co que traballamos en moitas actividades) a cinco euros. Esta cantidade parecíanos moi axeitada ao que buscabamos e decidimos escollela. Logo puxemos as moedas máis básicas (1€, 2€ e 50 cent.) para que eles escolleran e moveran ao recadro as que debían de usar para resolver a actividade.

capture-20170508-214956

Coa actividade de Ardora relacionar frases-imaxes pensamos que os nenos e nenas podían coñecer os elementos dun barco á vez que os ían contando. Deste xeito, traballamos o linguaxe matemático achegado á vida cotiá para que lles resulte algo máis ameno e doado afianzar coñecementos.

Para atopar as imaxes dos obxectos tamén tivemos que buscar moito tempo, xa que había moitas nas que non se podían contar claramente os obxectos ou non había o número de obxectos que nós queriamos. A actividade tamén nos puxo trabas porque só podiamos pór oito imaxes cos seus oito números e nós pretendiamos que os cativos contaran ata dez. Pero aínda así, só conseguimos sete obxectos diferentes polo que só contarán ata sete.

capture-20170503-142425

A pesca é unha das principais actividades económicas galegas e o xeito é unha arte de pesca que se utiliza para capturar a sardiña, unha especie moi demandada en San Xoán.

EsquemaPescaAnzuelo

Aínda que non son números se non pasos dun proceso, pareceunos interesante propoñerlles o reto de poñer en orde algo tan importante como os pasos para pescar as sardiñas e utilizamos a actividade de Ardora ordenar imaxes.

Unha vez máis, tivemos serias dificultades para encontrar imaxes que se adaptaran a cada paso que dan os mariñeiros para conseguir capturar a sardiña. A imaxe na que se alan as redes foi a máis problemática de achar mais ao final demos con ela.

capture-20170508-215801

O tangram é un antigo xogo chinés co que se traballa a xeometría, unha rama das matemáticas que se encarga do estudo das propiedades das figuras. Ardora de novo, facilitounos unha actividade, xustamente chamada tangram, coa que puidemos propor ao alumnado que fixera a figura do peixe que nós deseñaramos.

SierpinskiTriangle-ani-0-7

Ao comezo da elaboración, non entendiamos moi ben como se movían as pezas a pesares de mirar as instrucións na páxina de Ardora, pero logo de analizar ben todo, puidemos resolver as nosas dúbidas e rematar a actividade.

Pronto voltaremos con máis novas para vós!!!

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta