Fin de A Costa Galega

mermaid-156773_960_720

Hoxe queremos porlle fin a esta magnífica aventura pola costa galega. Sentíndoo moito, o noso traballo chegou á sua fin e o proxecto A Costa Galega xa amosou todos os seus recursos.

Con este proxecto, ademais de intentar que os nenos e nenas gozaran e aprenderan, queriamos facer homenaxe a todas as persoas que se atopan detrás da fachada: pescadores/as, mariscadores/as, bateeiros/as, naseiros/as, etc. Todos eles adican a sua vida enteira ó mar e traballan para que nós teñamos os mellores productos nas nosas casas.

Sentímonos moi satisfeitas co bo equipo que formamos, comprendéndonos en todo momento. Fixemos cousas novas que nunca fixeramos como crear un proxecto con certas características, crear actividades coa ferramenta Ardora e elaborar este blogue que nos serviu de moita reflexión.
Queremos dar as grazas, tanto Lucía como Rosana, por darnos a oportunidade de amosarvos o noso traballo e esforzo. Tamén grazas por poñer todo o interese na nosa costa e na cultura galega, para nós é de gran importancia defender esta terra e ensinala aos demais. Por último, queremos agradecer aos mestres a axuda que nos prestaron para facer isto posible.

Para despedirnos, queremos amosarvos uns vídeos que atopamos na rede que cremos que resumen á perfección A Costa Galega.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.